O proxecto xurde como resultado da constatación por parte de Arquitectos sen Fronteiras, a través do traballo levado a cabo durante os últimos 18 anos, das carencias formativas e de sensibilización que no eido da habitabilidade, tanto a nivel local como internacional, se poden detectar na comunidade educativa da Coruña.
O presente proxecto concíbese coma unha acción de Educación para o Desenvolvemento (EpD) que aposta pola consolidación dunha liña de investigación concreta: o estudo das causas ambientais e socio-económicas da diminución dos recursos dispoñibles no Golfo de Fonseca.
Realización de un video documental sobre o Dereito Humano a Auga como material didáctico para levar a cabo actividades de EpD na UDC, a través da asignatura de Cooperación para o Desenvolvemento e as campañas de Incidencia e Sensibilización que desenvolve Enxeñería Sen Fronteiras anualmente. Proxecto financiado na I Convocatoria de EpD, Sensibilización e Participación Social da OCV.
Curso de 8 horas de duración dirixido a PDI's das tres universidades galegas, no que se lles proporcionou ferramentas para mellorar a consecución de financiamento europeo para proxectos de cooperación.
O II Laboratorio de Recursos Sociais é un proxecto levado a cabo polo alumnado e profesorado da EU de Relacións Laborais e dirixido a toda la comunidade educativa da UDC. O Obxectivo é traballar, coñecer e analizar experiencias de acción solidaria e emprendemento social. O proxecto foi financiado na I Convocatoria de EpD, Sensibilización e Participación Social da OCV.
Realización de un encontro académico con o experto Alfredo Brillembourg (ETH de Zurich) con profesores e investigadores que desenvolven accións de EpD na ETS de Arquitectura da UDC. Proxecto financiado na I Convocatoria de EPD, Sensibilización e Participación Social da OCV.
Realización de tres obradoiros interactivos destinados a un público amplo onde contarase con expertos nacionais e internacionais dedicados ao estudo, á investigación e ao activismo en dereitos humanos e de loita contra a xenofobia, o racismo e a exclusión. Proxecto financiado na I Convocatoria de EpD, Sensibilización e Participación Social da OCV.
Curso realizado dentro do Marco da RGCUD, para favorecer a imprementación da metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo nas universidades do SUG.
Traballo Final de Grao de Tania García Lorenz. Facultade de Socioloxía. UDC
No presente traballo inténtase reflectir como a actual situación económica de España está a afectar ó Terceiro Sector de Acción Social.
Traballo Final de Grao de Estefanía Cives Suárez. Facultade de Economía e Empresa. UDC
Este traballo pretende definir cales son as responsabilidades sociais dunha organización e por que e ante quen debe ser a organización socialmente responsable. Por outra banda, ofrécese información sobre as diferentes iniciativas que actualmente existen en torno á RS a nivel internacional e en España