Jornada de trabajo sobre genero, que incluyó él trabajo de Genero en Cooperación al desarrollo.
Este Curso de Verán pretende unha aproximación ao papel da muller como elemento activo tanto na achega como na recepción de axuda nos países en desenvolvemento. A actividade está organizada pola profesora da Área de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, Irene Rodríguez Manzano.
A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo acolleu entre os días 18 e 20 de xullo un curso de verán da USC centrado nas novidades e os novos enfoques en materia de seguridade alimentaria e nutrición. Os directores da actividade son os profesores do centro Alberto Cepeda Sáez e Jesús Sánchez Rocha, mentres que o responsable da secretaría é o investigador José Manuel Miranda López.
O Centro de Estudos sobre Xénero, Sexualidade e Etnicidade (CEGSE) proxecta ser unha ferramenta que facilite o coñecemento sobre a diversidade cultural, no ámbito da construción das relacións de xénero e sexualidade, dende unha perspectiva principalmente antropólogica.
Proxecto de colaboración coa Institut Supérieur de Biotechnologie Sidi Thabet, Université de La Manouba, Tunisia e Institut Supérieur de Biotechnologie Sidi Thabet, Université de La Manouba, Tunisia. O obxectivo do proxecto é o emprego dos (bio)sensores con transdución electro químico.
O equipo da universidade de Vigo achega ao proxecto o seu know-how e as súas instalacións na que se poderá formar aos participantes alxerianos tanto nas técnicas de descontaminación de chans como en técnicas analíticas.
Proxecto en consorcio coa Universidade Católica de Santiago de Guayaquil (Ecuador) financiado pola AECID na súa convocatoria de PCI 2010
Proxecto de colaboración coa Universidad Xordana. O obxecto do proxecto era conseguir unha colaboración estable no ámbito da formación no campo ambiental entre JUST e a Universidade de Vigo.
Proxecto de colaboración co Ministerio de Educación da República Dominicana. Existe no país unha inquietude xeral polo nivel de rendemento escolar e abandono escolar e na Escola de Letras polo nivel lector dos alumnos de primaria e que logo se manifesta con notable deterioración nos estudos de etapas superiores.
Proxecto de colaboración coa Universidade Eduardo Mondlane de Mozambique. O obxecto era solicitar as axudas para realizar actividades preparatorias consistentes no desprazamento de profesores españois a Mozambique para participar en sesións de traballo con alumnos e profesores e preparar proxectos de colaboración.