Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

BD Cooperación

Flecha

Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Análise do primeiro obxectivo: fame e pobreza

Localización
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
País: España
Descrición

Traballo Fin de Grao en Economía. Universidade de Santiago de Compostela. Curso 2014-2015.

Autora: Briones Mouta, Paula. Directora: Sánchez Carreira, María del Carmen

RESUMO: O establecemento dos Obxectivos do Milenio significou un relevante impulso na loita contra a pobreza no mundo subdesenvolvido e para favorecer o desenvolvemento. Malia as intencións e progresos, a pobreza segue persistindo en todas as súas dimensión. Por iso, tendo en conta que estamos no ano fixado para o seu cumprimento, este traballo estuda o primeiro obxectivo, dada a súa importancia para a consecución dos outros; e para poder valorar os avances nas metas do Milenio. Os resultados apuntan que, a pesar de terse logrado a primeira meta, predominan os incumprimentos, especialmente a nivel rexional e para o caso de África Subsahariana. Así, a pobreza, a fame e o traballo vulnerable seguen persistindo, afectando anualmente a millóns de persoas do mundo subdesenvolvido e incidindo principalmente sobre colectivos vulnerables como son a infancia e a muller.

Dispoñible aquí 

Sector
Educación para o desenvolvemento: Fortalecemento da capacidade técnica (9982003)
Tipoloxía CUD
1. Acción de Formación
Tipo: Práctica: Proxectos fin de carreira
Clasificación Xeral Básica da Actividade: con contidos amplos vencellados ao desenvolvemento
Tipo de Obrigatoriedade: obrigatoria
Tipo de impartición: presencial
Rama Científica onde se inscribe: Ciencias sociais e xurídicas
Palabras chave
Pobreza, ODM, Investigación