Traballo Fin de Grao en Economía. Universidade de Santiago de Compostela. Curso 2014-2015.
Autora: Briones Mouta, Paula. Directora: Sánchez Carreira, María del Carmen
RESUMO: O establecemento dos Obxectivos do Milenio significou un relevante impulso na loita contra a pobreza no mundo subdesenvolvido e para favorecer o desenvolvemento. Malia as intencións e progresos, a pobreza segue persistindo en todas as súas dimensión. Por iso, tendo en conta que estamos no ano fixado para o seu cumprimento, este traballo estuda o primeiro obxectivo, dada a súa importancia para a consecución dos outros; e para poder valorar os avances nas metas do Milenio. Os resultados apuntan que, a pesar de terse logrado a primeira meta, predominan os incumprimentos, especialmente a nivel rexional e para o caso de África Subsahariana. Así, a pobreza, a fame e o traballo vulnerable seguen persistindo, afectando anualmente a millóns de persoas do mundo subdesenvolvido e incidindo principalmente sobre colectivos vulnerables como son a infancia e a muller.
Dispoñible aquí