Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Convocatoria para proxectos de innovación para o desenvolvemento

Institución:
AECID

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento ten aberta a convocatoria de subvencións para proxectos de innovación para o desenvolvemento. Está dirixida tanto ao sector privado empresarial, entidades do sector social e entidades do ámbito académico e de investigación.

O obxecto principal é o de cofinanciar proxectos que aposten por solucións innovadoras xa testadas a nivel piloto, co fin de aplicarlas e demostrar a súa replicabilidade. Deste xeito, os proxectos teñen que integrar a problemática social, económica, medioambiental e de desenvolvemento da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible dende unha perspectiva innovadora, ben sexa en termos de estratexia, proceso, servizo ou produto.

A presentación das solicitudes tramítase a través da Sede Electrónica da AECID (www.aecid.gob.es) e péchase o día 4 de Xullo ás 14.00h.

Podes acceder á convocatoria aquí.