Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación

logoxuntaweb.png

 

   No DOG. do 14 de xaneiro de 2019 publicouse a Orde do 17 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación.

   O obxecto da orde é establecer o marco normativo que regula a concesión de subvencións da Xunta de Galicia en materia de cooperación ao desenvolvemento, para os seguintes tipos de proxectos:

    →  Proxectos no exterior executados polas organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD).

    →  Proxectos no exterior executados polos outros axentes de cooperación recoñecidos pola Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento (universidades, empresas, sindicatos, fundacións, comunidades galegas, etc).

 

O prazo de presentación de solicitudes de axudas remata o 14 de febreiro de 2019.

 Neste enlace está a información e documentación relacionada