No DOG do 14 de xaneiro de 2020 publícase a Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR803D)
O obxecto da orde é establecer o marco normativo que regula a concesión de subvencións da Xunta de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, en materia de cooperación para o desenvolvemento, para os seguintes tipos de proxectos:
A convocatoria de axudas para proxectos de cooperación no exterior vén publicándose dende o ano 1995. Ten carácter bianual (2020-2021) e será financiada cun importe total de 4.715.458 €, o que representa un incremento de preto dun 35% respecto á dotación da convocatoria do ano 2019, conforme á seguinte distribución:
Os proxectos que opten a estas subvencións non poderán estar iniciados antes do 1 de xaneiro de 2020, sendo necesario que o inicio das actividades sexa no propio 2020, e poderán estenderse ata o 30 de novembro de 2021. As entidades solicitantes deben estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento cunha antigüidade mínima dun ano e poderán financiarse dous proxectos individuais ou en agrupación ás ONGD e, como novidade este ano, tamén aos outros axentes.