Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Aberto o prazo para solicitar a bolsa de mobilidade para a realización de traballo de fin de grao/máster en países en materia de cooperación universitaria ao desenvolvemento 2022/23

bolsa_movilidade23_page-0001.jpg
02/03/2023

Dende a Universidade de Vigo convócanse bolsas de mobilidade
para estudantes de grao e mestrado oficial para participar en
proxectos e accións de cooperación ao desenvolvemento no curso
22/23.
Procúrase a sensibilización do estudantado a través da súa participación nos
Proxectos de Cooperación internacional para o Desenvolvemento
coa fin de que integren elementos teóricos e prácticos adquiridos
na súa formación académica e contribúan como universitarios e
cidadáns comprometidos cos retos globais contidos na Axenda 2030.

As estadías terán unha duración mínima de 30 días e máxima de 90
e poderán desenvolverse entre o 1 de maio e o 31 de outubro de
2023.30 horas de dedicación ao voluntariado. A estadía desenvolverase en proxectos de cooperación liderados pola
UVIGO ou outros proxectos desenvolvidos por entidades de cooperación,
sen ánimo de lucro que se atopen inscritos no rexistro de
axentes da Xunta de Galicia, Axentes inscritos | Cooperación Galega
(xunta.gal)) noutros rexistros análogos das Comunidades Autónomas
ou da AECID Portal Web AECID Buscador de ONGD inscritas
no Rexistro.

Dende a Área de Equidade e Diversidade podémosche asesorar no
proceso de elixir un proxecto de cooperación e acadar a aceptación
por parte dun axente de cooperación.
Escríbenos a direc.equidade@uvigo.es.