Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

II Concurso de vídeos “Móvete polos ODS”

cartel_concurso_video_ods.jpg
Ata o 30 de setembro de 2022
Público:
Estudante

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), convoca o II Concurso de vídeos “Móvete polos ODS”, co obxectivo de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento sostible (ODS) de Nacións Unidas e sensibilizar á comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, 
o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc...
O dito Concurso está aberto a vídeos de 1 min de duración en formato mp4, coa temática de como se pode contribuír  á consecución dalgunha das 169 metas nas que se materializan estes obxectivos.
A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento está conformada polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, grazas ao financiamento da Xunta de Galicia sendo o seu principal obxectivo e fortalecer a posición das tres universidade de Galicia como axentes de cooperación.
Durante o bienio 22-23 a coordinación das accións derivadas dos Convenio da RGCUD dependen da Universidade de Vigo.

Os premios están dotados das seguintes contías:

- 1º Premio ao vídeo máis votado en youtube: 550 € 
- 2º Premio ao segundo vídeo máis votado en youtube: 350 €
- 3º Premio ao terceiro vídeo máis votado en youtube: 200 € 
- Premio á innovación: 400 €

Acceso á convocatoria.

Acceso á resolución dos vídeos premiados 

Participantes:

Poderán presentarse ao certame de maneira individual ou en grupo, todo o alumnado matriculado nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña nos curso 2021-22.

Requisitos técnicos dos vídeos:

O vídeo debe durar 1 minuto como máximo. Pode ser en color ou en branco e negro. Resolución: 1280x720p aínda que a ideal é 1920x1080p. 

Temática:

Este concurso pretende convidar ás persoas participantes a mobilizarse e comprometerse fronte aos grandes retos mundiais actuais como son o cambio climático, as desigualdades sociais e de xénero, a perda da biodiversidade, a escaseza de auga, entre outros. 
A temática terá unha relación directa coa contribución individual ou de cada organización á Axenda 2030 e ós seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Para calquera consulta sobre esta convocatoria os/as estudantes poderán utilizar os correos electrónicos indicados abaixo para a institución na que estean matriculados/as:

UDC: ocv@udc.gal

USC: sepiu.santiago@usc.gal

UVIGO: direc.rsco@uvigo.gal