Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Premios ao mellor TFG/TFM en Axenda 2030, cooperación ao desenvolvemento e RSU, 2020/2021

premios.jpg
Do 22 de xullo ao 30 de setembro de 2021
Universidade:
UVIGO

OBXECTO:

O recoñecemento dos traballos de fin de grao e mestrado oficial realizados polo alumnado da Universidade de Vigo que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación ao desenvolvemento e a responsabilidade social, facilitando a gratuidade da matrícula nos estudos que supoñan continuación dos xa cursados.

PREMIOS:

Convócanse 6 premios distribuídos por rama da titulación cursada:

  • Artes e Humanidades: 1
  • Ciencias e Ciencias da Saúde: 1
  • Ciencias Sociais e Xurídicas: 2
  • Enxeñaría e Arquitectura: 2

CONTÍA:

A contía máxima de cada premio será a escoller pola persoa beneficiaria entre un premio en metálico de 500 € ou os prezos da matrícula de mestrado oficial na Universidade de Vigo que en todo caso deberá estar realizada o 15 de outubro de 2021. Tamén se lles outorgará un diploma.

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/746

Requisitos:

A) Ter superado o traballo fin de grao ou mestrado oficial durante o curso 2020/2021 na UVIGO cunha cualificación igual ou superior a 8,5 puntos

B) A temática do TFG/TFM debe estar relacionada con:

    • Axenda 2030: todo tema relacionado con 17 obxectivos de desenvolvemento sostible: Fin da pobreza, Fame cero; Saúde e benestar; Educación de calidade; Igualdade de xénero; Auga limpa e saneamento; Enerxía accesible e non contaminante; Traballo decente e crecemento económico; Industria, innovación e infraestrutura; Redución das desigualdades; Cidades e comunidades sostibles; Produción e consumo responsables; Acción polo clima; Vida submarina; Vida de ecosistemas terrestres; Paz, xustiza e institucións sólidas e Alianzas para acadar os obxectivos.
    • Cooperación ao desenvolvemento: cooperación financeira; cooperación técnica; axuda alimentaria e axuda humanitaria; principios e fundamentos xurídicos; política e xestión; cooperación e muller; dereitos humanos;  ONG e outros actores da cooperación ONG; cooperación empresarial; cooperación universitaria.
    • Responsabilidade social corporativa: políticas publicas inclusivas; políticas públicas para a igualdade de xénero; inclusión de persoas con discapacidade no emprego público; definición de valores públicos; actuación responsable nas organizacións públicas e privadas; código ético nas organizacións públicas e privadas; deseño de plans de voluntariado nas organizacións públicas e privadas; mellora nas xestión de prevención de riscos laborais.

C) Así mesmo e debido as circunstancias excepcionais motivadas pola COVID-19, admitiranse nesta convocatoria as solicitudes de alumnado que superou o TFG/TFM nas convocatorias extraordinarias de setembro e decembro de 2020 e que non puido participar na convocatoria do 2019/2020, sempre e cando cumpra os restantes requisitos.

SOLICITUDE:

As solicitudes deberán empregar o procedemento SBOL- Premios ao mellor TFG/TFM en temáticas relacionadas coa Axenda 2030 existente na sede electrónica para este procedemento: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23238450

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir a seguinte documentación:

  • Memoria en formato pdf de non máis de 10 páxinas nas que se describa as características do traballo
  • Informe do director/a do traballo
  • Unha copia en formato pdf do Traballo Fin Grao / Traballo Fin de Mestrado

PRAZO:

Comezará o día seguinte ao da publicación da convocatoria e rematará o 30 de setembro de 2021, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

PRAZO PARA RESOLVER:

3 meses.

SILENCIO ADMINISTRATIVO:

Desestimatorio.