Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

X Convocatoria Proxectos de Coñecemento da Cooperación ao Desenvolvemento (PCC)

Ata o 22 de abril de 2022
Público:
PAS e PDI

Os proxectos de coñecemento da cooperación ao desenvolvemento (PCC) son unha iniciativa en que o persoal de investigación (PDI) e o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade da Coruña teñen a posibilidade de se desprazar a un país en vías de desenvolvemento para realizar unha estadía de cooperación e que o traballo que desenvolvan lles dea a coñecer o funcionamento dos proxectos de cooperación internacional.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 22 de abril de 2022.

Acceso á convocatoria.

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña abre esta convocatoria a todo o PAS e o PDI desta universidade que estea interesado en participar en programas de accións de coñecemento da realidade dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Mediante este programa procúrase un proceso de reflexión desde unha vertente práctica, para implicar ás persoas participantes nas liñas de traballo en cooperación
para o desenvolvemento en diferentes países do sur global e no traballo que se leva a cabo desde Galicia, fundamentalmente de sensibilización.