Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

XIV Convocatoria dos Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR)

pcr.jpeg
Do 20 de febreiro ao 18 de marzo de 2020
Público:
Estudantes

A Universidade da Coruña, a través da súa Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) abre a convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR) para este ano 2020. 

Os proxectos de coñecemento da realidade (PCR) son unha iniciativa en que o alumnado da Universidade da Coruña ten a posibilidade de se desprazar a un país en vías de desenvolvemento para realizar unha estadía de cooperación e que o traballo que desenvolva sexa validado con proxectos de fin de carreira, prácticas de materias ou traballos obrigatorios de fin de carreira

A realización dun PCR constitúese como unha importante ferramenta de sensibilización sobre a temática, tanto para o propio alumnado beneficiario, como para a sociedade en xeral, xa que, á volta da estadía, se realizan charlas para dar a coñecer a experiencia.

As estadías nos países do Sur son de 1 a 3 meses, nas que a persoas da bolsa adjudicataria ten a oportunidade de formarse e colaborar no eido da cooperación a través da experiencia de coñecer e participar nun proxectgo en terreo en execución coas copartes da ONG.

A OCV financia a viaxe completa, o seguro de viaxe e unha axuda á manutención. Acceso á convocatoria.