Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

4ª edición do curso de especialización de posgrao de cooperación e educación ao desenvolvemento

foto_difusion_posgrao.jpg_1681987830.jpg
Do 6 de febreiro ao 27 de marzo de 2020

Curso de posgrao destinado a profesionais, licenciadas/os e estudantes que queiran coñecer o traballo en cooperación e educación para o desenvolvemento. Organizado pola Oficina de Cooperación e Voluntariado e a Fundación Universidade da Coruña, ten unha duración total de 60 horas.

INFORMACIÓN

  • Data de impartición: do  día 6 de febreiro ao 27 de marzo de 2020.
  • Lugar: Aula nº 12B da Facultade de Dereito. Campus de Elviña. A Coruña.
  • Horario: Xoves e Venres 16:00h a 20:30h.
  • Número de alumnado: mínimo 5, máximo 30.
  • Créditos: 6 ECTS.
  • Modalidade: Presencial.
  • Preinscrición e matrícula:
    • Data de preinscrición: Do 2 de xaneiro ao 20 de xaneiro de 2020.
    • Data de matrícula: Do 22 ao 28 de xaneiro de 2020.

REQUISITOS DE ACCESO

Será admitido o alumnado que poida acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulada/o universitaria/o.
  2. Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
  3. Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes estivese comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, tras a solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
  4. Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios.

Programa do curso

Máis información