Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Curso Axenda 2030. Axentes do cambio

folleto_axentesdocambio_interactivo (1)_page-0001.jpg
16/12/2022

O Curso “Axenda 2030. Axentes do cambio” ten unha duración de 30 horas e vai dirixido ao alumnado da Universidade de Vigo que teña un forte compromiso coa protección do medioambiente e coa erradicación das desigualdades no mundo. A Axenda 2030 é unha resolución da ONU aprobada en 2015 que constitúe a folla de ruta da humanidade para os vindeiros anos. Centrada na protección medioambiental e na erradicación de todo tipo de desigualdades, a Axenda busca que as universidades se impliquen na xeración das condicións para acadar un desenvolvemento máis sostible e inclusivo tendo en conta as limitacións do planeta e o benestar das persoas a través da aplicación dos denominados «Obxectivos de Desenvolvemento Sostible» (ODS).
O principal obxectivo deste curso é formar a estudantes para que coñezan a Axenda 2030. Esta actividade pódese complementar cunha acción de voluntariado nos tres campus da UVigo para dar a coñecer a Axenda 2030 e sensibilizar á comunidade universitaria sobre os seus 17 ODS mediante paneis informativos e a organización de actividades.

O curso contará con 30h de formación virtual en MOOVI na que o alumnado accederá aos contidos sobre a Axenda e a vídeos explicativos. As/os estudantes terán unha participación activa a través de foros de debate online e contarán en todo o momento co asesoramento e titorización do equipo docente tanto para elaborar as actividades como para resolver dúbidas.
Recoñecerase 1ECTS pola realización do curso.