A Formación básica en Voluntariado, está especialmente dirixida ao voluntariado de nova incorporación aos proxectos da OCV. A oferta amplíase ao voluntariado acreditado e en activo doutras entidades de acción voluntaria, estudantado da universidade e persoas interesadas en coñecer os aspectos esenciais do voluntariado.
Data de celebración: 14 e 15 de febreiro
Horario: venres de 9:30 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:30 h; sábado de 10.00 h a 14.30 h e de 16.00 h a 20.30 h
Lugar de celebración: Centro Universitario de Riazor (aula 8). Campus de Riazor
As prazas son limitadas, polo que na presincripción se terá en conta a seguinte orde:
- Voluntariado da OCV
- Estudantes e comunidade universitaria da UDC
- Voluntariado doutras entidades
- Resto de persoas interesadas.
Gratuíto para o voluntariado (en activo e convenientemente acreditado con carné, acordo de compromiso ou certificado expedido pola entidade de acción voluntaria). 15 € para o resto.
Dous días antes do inicio do curso, as persoas que obtivesen praza recibirán unha notificación por correo electrónico para formalizar a matrícula no mesmo. No caso de non recibila, pasará á listaxe de espera.
1.Introdución á cooperación e á ED. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
2.Voluntariado en cooperación ao desenvolvemento.
3.Dereitos e deberes da persoa voluntaria.
4.Riscos do voluntariado.
5. As motivacións do voluntariado.
6. O traballo en grupo
7.Asertividade nas relacións de axuda.
8.As habilidades sociais.