Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Curso de introducción á sustentabilidade na docencia universitaria

folleto_sustentabilidade_docenciai_interactivo_page-0001.jpg
16/12/2022

 

Este curso está aliñado coa acción 4 establecida no Plan Estratéxico 21-26 da Universidade de Vigo para a consecución do Obxectivo 1. “Promover unha oferta de grao e de posgrao plurilingüe, sostible e de calidade contrastada, tanto presencial como en liña, en consonancia coa demanda da contorna, na que se prevé a inclusión de contidos específicos obrigatorios de carácter transversal en aspectos como as competencias dixitais e informativas, a igualdade o desenvolvemento sostible, o emprendemento, o compromiso social a inclusión (0bxetivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030)”.

O curso desenvolverase ao longo do mes de novembro. Iniciarase o día 1 coa apertura da aula e un foro de presentación e finalizará o día 30, sendo esta a data límite para que cada participante suba a tarefa final. Desenvolveranse en 4 sesións presenciais de 3 horas cada unha entre as 10:00 e as 13:00 horas.

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico e que teñan solicitado proxectos de cooperación con anterioridade.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Os obxectivos do curso son: 

- Evidenciar a necesidade de traballar pola sustentabilidade a través da Educación para o Desenvolvemento Sustentable e a Educación para a Cidadanía Global.
- Analizar a Axenda 2030 e as súas implicacións na educación e na docencia universitaria.
- Desenvolver unha proposta de inclusión da sustentabilidade nunha materia que se estea impartindo.