Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Curso Metodoloxía do Enfoque do Marco Lóxico (EML) aplicada aos Proxectos de Cooperación Internacional ao desenvolvemento presentados polas universidades galegas

folleto_cooperacion_dinternacional_interactivo (1)_page-0001.jpg
16/12/2022

As universidades son actores clave en todo este proceso de axuda ao desenvolvemento e potentes impulsoras da innovación, o desenvolvemento económico e o benestar social, é por iso que teñen un papel fundamental para lograr o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e á vez, beneficiarse e comprometerse coa Axenda 2030.

Este curso insírese dentro do Programa de formación da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGUC) destinada á comunidade universitaria galega e está financiado con cargo ao convenio asinado polas tres universidades e a Xunta de Galicia.

Esta actividade está destinada ao profesorado daUniversidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico e que teñan solicitado proxectos de cooperación con anterioridade. Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.