Os días 17 e 18 de xuño levarase a cabo un curso sobre a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable na Escola Galega de Administración Pública. Está orientado ao persoal das administracións autonómica e local galegas, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema Universitario de Galicia, que sexa persoal empregado público, ou ben estea en situación de servizo activo ou asimilada. O horario será de mañá e tarde, cunha duración total de 14h lectivas.
Dende unha perspectiva que trata de englobar as necesidades tanto teóricas como prácticas, o obxectivo do curso é detectar os puntos chave para poder incorporar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2030 aos ámbitos de traballo. Así, os contidos que trataranse durante as sesións farán unha achega ao papel de Galicia como axente de Cooperación dende a administración e a universidade. Entre outros, abordaranse temas como:
Para participar deste curso é necesario formalizar unha inscrición vía telemática a través do enderezo https://egap.xunta.gal/matricula
Para mais información pode consultar a resolución do DOG pola que se convoca o curso.