No marco da "Universidade de Verán 2019" da Universidade de Santiago de Compostela, celebrarase o curso "A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e os dereitos humanos: Oportunidades e desafíos para a erradicación da fame e o logro da igualdade de xénero".
Realizarase na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC do 11 ao 13 de xuño. Neste curso reflexionarase sobre a Axenda 2030 e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, con especial atención ao enfoque baseado nos dereitos humanos.
O prazo de inscrición remata o próximo 31 de maio.
Pinchando aquí pódese acceder ao programa do curso e neste enlace recóllese toda a información sobre a matrícula.