No marco do proxecto SIXHIARA, Fortalecemento institucional á Administración Rexional de Auga de Mozambique, financiado pola Xunta de Galicia desenvolverase o vindeiro 8 de abril unha formación sobre mapeo humanitario organizado por iCarto e CartoLab. O mapeado realizarase mediante OpenStreetMap (OSM), proxecto colaborativo para crear mapas e cartografía libre.
A xornada realizarase na Escola de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña. Pola mañá realizarase unha sesión explicativa do proxecto SIXHIARA (obxectivos, actividades...), así como unha introdución á iniciativa OSM (ideoloxía e idea de proxecto, formas de colaboración, participación cidadán….). Pola tarde levarase a cabo un Mapathon, onde as persoas asistentes terán a oportunidade de mapear, coa axuda de especialistas, as zonas afectadas polas inundacións da bacía do Messalo, Mozambique.
Inscricións: http://us11.campaign-archive2.com/?u=8e9fcf7cde1357bb6ff0ec53b&id=a9736dc2e5&e=
PROGRAMA