Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Semana Galega da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento.

semana-galega-cud_1280x720.jpg
09/05/2023

Semana Galega da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento.

A Rede Galega de Cooperación Universitaria, integrada pola Universidade da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo organiza " A Semana Galega da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento".

As xornadas terán  presenza nos campus das tres universidades galegas  e poderán seguirse online.

Lugar e datas:

Vigo:

Día 9 de maio XORNADA 1 : ALIANZAS  Sala 1. Edificio Miralles. Campus de Vigo

Santiago de Compostela:

Día 10 de maio XORNADA 2: A Universidade creando conciencia. Campus Sur . USC

A Coruña:

Día 11 de maio  XORNADA 3: As persoas. Campus Elviña. UDC

Persoas destinatarias. Comunidade Universitaria e entidades sociais.

Estas xornadas van dirixidas a docentes, investigadores/as, estudantes, persoal universitario de servizos e administración así como a traballadores/as das entidades sociais e público en xeral que teña un interese especial na cooperación universitaria ao desenvolvemento (CUD).

Certificación.

  • Ao profesorado das tres universidades galegas certificaráselle a asistencia de acordo coa normativa das súas propias Universidades. (Consultar con USC:santiago@usc.gal:/UDC:ocvfer@udc.es /UVIGO: Direc.equidade@uvigo.es)
  • Para o público en xeral o recoñecemento será o seguinte (e preciso indicar a modalidade elixida na inscrición):

-Por asistencia ao evento completo: Obterase un certificado por 22 horas de docencia.

Para acadar o certificado é precisa  como mínimo a asistencia a unha das xornadas de forma presencial e o seguimento online do 80% das xornadas.

-Por asistencia presencial a unha das xornadas completa (Vigo /Santiago ou Coruña): Entenderase unha acreditación de asistencia de 7 horas de duración.

Obxecto:

Nestas xornadas achegarémonos  ao fenómeno da CUD establecendo un foro de diálogo e reflexión entre os principais actores da cooperación en torno á cooperación universitaria ao desenvolvemento, co obxecto de reforzar o papel das Universidades Públicas como axentes de cooperación e crear sinerxías conxuntas que xeren efecto multiplicador das accións de cooperación no marco da Axenda 2030.

As xornadas articúlanse en torno a relatorios, mesas redondas, paneles de experiencias, presentacións  de pósteres.

Ademais da presentación de relatorios e a celebración de mesas de debate, está prevista a unha sesión de presentación de pósters (Máis información: contacta con direc.equidade@uvigo.es)

 Inscríbete aquí:

 Formularios | Secretaría Online Universidade de Vigo (uvigo.gal)

 

Descarga o programa preliminar (Galego)-(Castelán)