Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Transvesalización dos ODS nas formulacións de proxectos con perspectiva de xénero e captación de fondos europeos

losgos rgcud.jpg
30 abril e 7 e 11 de maio
Público:
PDI, PAS

A Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (RGCUD), oferta este curso dirixido ao PDI e PAS das universidades do SUG directamente relacionados coa Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento.

Obxectivos:

  1. Promocionar o coñecemento sobre os ODS entre o PAS e PDI no marco da Cooperación para o Desenvolvemento.
  2. Incrementar as capacidades técnicas do PAS e PDI na elaboración de proxectos de Cooperación para o Desenvolvemento de interese para a Universidade, dentro do marco dos ODS e con perspectiva de xénero.
  3. Coñecemento das liñas de financiamento europeas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento e a presentación de propostas.

Contidos:

SESIÓNS 1 e 2

  1. A Axenda de Desenvolvemento: dende o nacemento da Cooperación Internacional ata a actualidade.
  2. Contidos da axenda 2030: ODS e a súa importancia no ámbito universitario.
  3. Coñecemento de posibles aplicacións prácticas, tanto en Cooperación ao Desenvolvemento coma nas aulas.

SESIÓN 3

  1. Acceso aos fondos da UE:
    1. Oportunidades de financiamento
    2. Relación coas delegacións da UE. Estrutura e función das delegacións, importancia de unha boa preparación para estas reunións.
    3. Solicitude de fondos da UE