A Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (RGCUD), oferta este curso dirixido ao PDI e PAS das universidades do SUG directamente relacionados coa Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento.
Obxectivos:
- Promocionar o coñecemento sobre os ODS entre o PAS e PDI no marco da Cooperación para o Desenvolvemento.
- Incrementar as capacidades técnicas do PAS e PDI na elaboración de proxectos de Cooperación para o Desenvolvemento de interese para a Universidade, dentro do marco dos ODS e con perspectiva de xénero.
- Coñecemento das liñas de financiamento europeas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento e a presentación de propostas.