Aplicada aos Proxectos de Cooperación Internacional ao desenvolvemento presentados polas Universidades Galegas
Esta formación está organizada pola Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) e financiada pola Xunta de Galicia. Está orientada cara ao PDI e o PAS das tres universidades galegas.
PROGRAMA
6 horas de formación teórica -virtual- común para a RGCUD (2 e 3 de novembro de 2022)
• Presentación dos obxetivos do curso e da metodoloxía de traballo.
• Exposición teórica sobre o Ciclo dun Proxecto de Desenvolvemento
• A Metodoloxía do Enfoque del Marco Lóxico na Cooperación Internacional ao Desenvolvemento.
• Envío do caso práctico (días antes de comezar as sesións prácticas)
24 horas de formación práctica - 16h presencial + 8h virtual
Día 7 De novembro, de 16.00-20.00h
Traballo en grupo a partir do caso práctico_ Identificación do proxecto na Cooperación Universitaria_ O enfoque de desenvolvemento
• Lectura e análise do caso práctico.
• A misión de identificación do proxecto. Axenda no terreo.Liña de base.
• Análise da participación e concreción do colectivo beneficiario.
• Posta en común do traballo dos diferentes grupos
Día 14 de novembro, de 16.00-20.00h
Traballo en grupo a partir do caso práctico _Formulación do proxecto segundo formularios da Cooperación Galega e da AECID
• Árbore de problemas e árbore de obxectivos
• Análise de alternativas. Xustificación da alternativa elexida.
• Obxectivo Xeral e Obxectivo Específico
• Posta en común do traballo dos diferentes grupos
Día 21 de novembro, de 16.00-20.00h
Traballo en grupo a partir do caso práctico _Formulación do proxecto e Matriz do Marco Lóxico
• Resultados e Actividades
• Indicadores e Fontes de Verificación
• Matriz do Marco Lóxico.
• Posta en común do traballo dos diferentes grupos
Día 28 de novembro, de 16.00-20.00h
Traballo en Grupo a partir do caso práctico_ Da formulación ao seguimento e avaliación
• Claves para cubrir os documentos de formulación
• O seguimento a partir da formulación presentada.
• Avaliación do proceso e dos resultados.
• Posta en común do traballo dos diferentes grupos
8 horas prácticas individuais en formato virtual a partir da resolución de preguntas específicas do ciclo do proxecto de cooperación ao desenvolvemento e da metodoloxía do Enfoque de Marco Lóxico.