Curso organizado no marco das actividades da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento e destinado á Comunidade Universitaria das tres Universidades do SUG. Neste curso proporcionaranse pautas de mellora na formulación de propostas de cooperación así como un panorama as principais convocatorias no eido da cooperación.
1:Explicación das feblezas detectadas nas solicitudes presentadas ao abeiro das convocatoria de axudas e subvencións para a execución de proxectos no exterior e pautas para a mellora nas próximas formulacións en: Pertinencia, coherencia, financiamento, recursos humanos e técnicos, análise da entidade solicitante e contraparte local, poboación beneficiaria, viabilidade, complementariedade e incorporación dos enfoques transversais, adecuación e contribución aos principios da Declaración de París e aos ODS.
2: Convocatorias de subvencións existentes no eido autonómico, estatal e internacional para a Cooperación Universitaria ao desenvolvemento.
Inscricións en: https://bubela.uvigo.es/bubela/publico/publico.php?funcion=ver_edicion_descripcion&tab=LC&id_edicion=4883