Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Xornada de Formación sobre Captación de Recursos Financieiros no Eido da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento

cartel difusion 26 abril rgcud con inscricion_page-0001.jpg
26/04/2022

Curso organizado no marco das actividades da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento e destinado á Comunidade Universitaria das tres Universidades  do SUG. Neste curso proporcionaranse pautas de mellora na formulación de propostas de cooperación así como un panorama as principais convocatorias no eido da cooperación.

 

1:Explicación das feblezas detectadas nas solicitudes presentadas ao abeiro das convocatoria de axudas e subvencións para a execución de proxectos no exterior e pautas para a mellora nas próximas formulacións en: Pertinencia, coherencia, financiamento, recursos humanos e técnicos, análise da entidade solicitante e contraparte local, poboación beneficiaria, viabilidade, complementariedade e incorporación dos enfoques transversais, adecuación e contribución aos principios da Declaración de París e aos ODS.

2: Convocatorias de subvencións existentes no eido autonómico, estatal e internacional para a Cooperación Universitaria ao desenvolvemento.

Inscricións en: https://bubela.uvigo.es/bubela/publico/publico.php?funcion=ver_edicion_descripcion&tab=LC&id_edicion=4883