Con motivo da celebración do 25 aniversario da OCV, o activista e investigador Gonzalo Fanjul impartirá unha conferencia na Facultade de CC da Educación da Universidade da Coruña.
A Oficina de Cooperación e Voluntariado vén de celebrar o seu 25 aniversario. Por tal motivo, organiza a conferencia "Prosperidade e seguridade nun mundo poscovid: leccións para unha axenda global", que será impartida polo activista e investigador Gonzalo Fanjul.
A cita terá lugar o mércores 23 de marzo a partir das 12 h no salón de actos da Facultade de CC da Educación (campus de Elviña) da Universidade da Coruña.
Entrada libre ata completar aforo.