Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

A UDC resolve os seus II premios aos mellor TFG en cooperación para o desenvolvemento

thumbnail_img_1216.jpg_1282069755.jpg
13 de decembro de 2021

O día 13 de decembro publicouse na sede electrónica da Universidade da Coruña a RESOLUCIÓN DO II PREMIO UDC AOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO E MÁSTER EN COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO 2021. O alumnado gañador son Carlota Fiaño Salinas e Javier Digón Rodríguez, dos graos de CC da Comunicacion e de Economía e Empresa respectivamente, polos seus premios na categoría de Traballos de Fin de Grao.

A categoría de premios aos mellores TFM quedou deserta.

Enlace á resolución.

O vindeiro 22 de decembro ás 12.00 h terá lugar no Reitorado (sala de prensa), o acto de entrega dos premios ao alumnado agraciado. O primeiro premio é de 800 euros, mentres que o segundo premio ten unha contía de 400 euros.

A alumna gañadora do primeiro premio aos mellores TFG, Carlota Fiaño, presentou o proxecto titulado “A sostibilidade: unha viaxe mediante Google Earth”, proxecto periodístico e interactivo, consistente nun conxunto de reportaxes breves enlazados mediante Google Earth e que amosan unha viaxe global, interactiva e transversal da sostibilidade a través da dita ferramenta.

O alumno do Grao de Economía e Empresa, Javier Digón, presentou o seu TFG titulado "Protección internacional, precariedade laboral e problemas de vivenda". Este traballo foi realizado mediante a modalidade de aprendizaxe-servizo, e consistiu no exame dun caso real facilitado polo centro de Cáritas de A Coruña, analizando a situación das persoas afectadas e outorgando unha resposta xurídica á mesma. A metodoloxía empregada foi o manexo sistemático de fontes xurídicas (legais, xurisprudencias e doutrinais), así como a posterior posta en relación das mesmas coa casuística real das afectadas.