O venres día 3 de marzo de 11:30 a 14:00 terá lugar a II xornada Venres de voluntariado, que é unha boa ocasión para coñecer directamente os distintos programas de voluntariado que oferta a Universidade de Vigo, así como para coñecer as entidades sociais que colaboran connosco.
Nesta ocasión contaremos coa presenza de ASDEGAL e Cruz Vermella que nos presentarán o seus programas de voluntariado na provincia de Ourense e Pontevedra. Tamén teremos a ocasión de coñecer dous novos programas de voluntariado impulsados pola Unidade de Igualdade para o apoio e acompañamento a mulleres vítimas de violencia de xénero
É precisa a inscrición previa por medio do seguinte enlace: +Info e inscrición
As xornadas Venres de voluntariado, constitúen unha ocasión para dar a coñecer directamente os distintos programas de voluntariado que oferta a Universidade de Vigo, tanto os programas propios coma aqueles organizados con entidades sociais. Trátase dunha Xornada virtual a través do campus remoto. +Info e inscrición