Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Persoas Refuxiadas ConCiencia. Análise da problemática das persoas refuxiadas desde a Ciencia e como persoas xeradoras de coñecemento

15 febreiro 2018

A xornada Persoas Refuxiadas ConCiencia nace como punto de encontro para reflexionar desde o contexto científico sobre os movementos de persoas refuxiadas. Dende a Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega,queren salientar o potencial do coñecemento das persoas que se moven. Isto supón unha perda de talento das rexións das que saen e un incremento deste nas rexións ás que chegan, se estas lles brindan as oportunidades necesarias para desenvolver os seus talentos.

Sesión da mañá

09:45 horas
Inauguración

10:00 horas
A destrución da ciencia en España. Exilio científico e depuración universitaria tras a Guerra Civil 
Luis Enrique Otero Carvajal, catedrático de Historia Contemporánea na Universidade Complutense de Madrid

11:00 horas
Consideracións sobre o antisemitismo e as persoas refuxiadas
José Edelstein, escritor e profesor de Física Teórica na Universidade de Santiago de Compostela (USC)

11:30 horas
Descanso

12:00 horas
Refuxiad@s: os valores do esquecemento
Gabriel Tizón, fotógrafo
Presenta: Encarna Otero, historiadora

Sesión da tarde

16:30 horas 
O exilio científico galego 
Ricardo Gurriarán, historiador (grupo Histagra-USC e Fundación 10 de Marzo)

17:15 horas 
Refuxiado chileno en Buckingham Palace
Eleuterio Toro, profesor emérito da Universidade de Trento

18:15 horas 
Mesa redonda
Experiencias de hoxe 

Kamal Aldalati, estudante sirio. Licenciatura en Medicina (USC) 
Rania Ali Salman El-Kouz, estudante xordana. Doutoramento en Economía en Empresa (USC)
Modera: Almudena Hospido, vicerreitora de Internacionalización (USC)

19:15 horas 
As razóns xenéticas da importancia da diversidade e a contribución das migracións 
Anxo Carracedo, catedrático de Medicina Legal (USC) e membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG