O pasado mes de setembro publicouse o I Concurso de vídeos "Móvete polos ODS", promovido pola RGCUD para todo o alumnado das universidades do SUG. Á dita convocatoria, presentáronse 20 vídeos, dos cales foron aceptados 19 para o concurso.
A participación maioritaria foi por parte de alumnado da UDC (18 candidarturas), fronte a 1 candidatura presentada por un alumno da USC e 0 por parte da UVigo.
Vídeos gañadores:
O 1º premio de 550 € recaeu no vídeo "Fashion victims", presentado polas alumnas da UDC Antía Rodríguez Porto, Sara Veiguela Meignen e
Julieta Vélez Lacour.
O 2º premio de 350 € recaeu no vídeo "Navegación inclusiva" Daniel Fiaño Llerafo, alumno da USC.
O 3º premio de 200 € recaeu no vídeo "Que queres ser?", presentado polas alumnas da UDC Eva Castro Vilaboy, Carla García Touriño e Noa Alonso Pérez.
Por último, o premio á innovación de 400 € recaeu no vídeo "Moda polo clima", das alumnas da UDC Camila Ros Torres, Lucía Sánchez Domínguez e
Sabela Seco Pérez.