Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

Xornada Transformar o noso mundo. Estratexias feministas dende Filipinas.

cartaz_transformaronosomundo_def.jpg
27 de setembro de 2018

A xornada, enmarcada dentro das actividades da V Convocatoria de EpD, Sensibilización e Participación Social da OCV, componse dun obradoiro e unha conferencia impartida por Daryl Leyesa, activista cunha importante traxectoria na defensa dos dereitos das mulleres e crianzas en Filipinas.  Realizarase o xoves 27 de setembro no salón de graos da Facultade de CC da Educación da Universidade da Coruña.

Daryl Leyesa é unha activista filipina especializada en cuestións de Xénero, sobre todo no tocante ás áreas da defensa dos dereitos da infancia e das mulleres no rural, así como da importancia do coidado do medio. Cunha traxectoria de grande importancia na defensa da sustentabilidade e denuncia dos abusos das multinacionais, a súa experiencia de traballo céntrase en ámbitos rurais.

 

O obradoiro, de carácter prático, permitirá reflexionar e vivenciar dinámicas que permitan tomar coinciencia do xeito no que os movementos feministas e as mulleres traballan contra as alianzas do patriarcado e do capital. Trataranse temas como a interseccionaliade e a necesidade de artellar movementos feministas conxuntos de Norte a Sur.  O obradoiro realizarase de 16 a 18.30 horas.

O obradoiro ten un carácter limitado de  30 prazas e realizarase unha inscrición previa (https://www.udc.gal/gl/novas/Xornada-Transformar-o-noso-mundo.-Estratexias-feministas-desde-Filipinas./). Está destinado á comunidade universitaria da UDC: persoal docente e investigador (PDI), persoal de administración e servizos (PAS), estudantado matriculado e demais persoas vinculadas á UDC. Tamén ao persoal técnico e voluntariado de ONGD e persoal técnico e voluntario doutras entidades que traballen con mulleres en risco de exclusión social. 

Despois do obradoiro haberá unha pausa café, e de 19 a 20 horas haberá unha conferencia aberta ao público na que non só falará Daryl, senón tamén algunhas das participantes do obradoiro, que compartirán co público o que se fixo anteriormente, así como da importancia de afondar nos contidos da cooperación dende os feminismos.