Logo RGCUD

Rede Galega
de Cooperación Universitaria
ao Desenvolvemento

XVI Xornada de sensibilización sobre interculturalidade: unha mirada decolonial para unha nova cooperación

xvi xornadas de sensiblizacion sobre interculturalidade.png
4 de novembro de 2022

A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña abre o prazo de inscrición para a XVI Xornada de sensibilización sobre interculturalidade: unha mirada decolonial para unha nova cooperación, que vaise celebrar o venres 4 de novembro na Facultade de CC da Educación do campus de Elviña en A Coruña.

Na xornada participarán tres profesionais da educación social, que abordarán o ámbito da interculturalidade na cooperación e a educación para a cidadanía global, dende un enfoque antirracista e decolonial. 

A actividade é gratuita, mais precisa de inscrición para poder participar.

 

PROGRAMA

9.45 h. Recepción de asistentes e inauguración. Pilar García de la Torre, vicerreitora de Internacionalización e Cooperación

10.00-11.00 h. Charla-coloquio: “Reflexións sobre os diálogos entre movementos sociais e ONGD”. Raquel López Fernández. Educadora social e técnica de proxectos en Asemblea de Cooperación Pola Paz.

11.00-12.00 h. Charla-coloquio: “Presentación do proxecto Eduso antirracista”. Angelly Ferreiro Silva. Educadora social e activista antirracista e decolonial.

12.00-12.30 h. Pausa-café

12.30-14.00 h. Charla-coloquio: “Intelixencia intercultural” Sani Ladan. Educador Social e Internacionalista. Formador intercultural, conferenciante e especialista en migracións. Presidente da asociación Elín (Ceuta). Creador do podcast "África en 1 click"